Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno xustifica a adquisición de cortinas por 20.000€ para aproveitar o espazo no pavillón

RR_Noticias

O PP explica que o investimento de preto de 20.000 para a adquisición dunhas cortinas que serán colocadas no pavillón da marisma, lonxe de ser un “desplifarro”, tal e como denunciaba o BNG, servirán para aproveitar ao máximo esas instalacións deportivas. Explican que as cortinas colocaranse de tal xeito que separarán o espazo da pista do escenario creando así dúas zonas independentes que poderán ser empregadas como área multidisciplinar.

Argumentan dende o goberno local que Redondela experimentou nos últimos anos un amplo crecemento nas modalidades deportivas habituais polo que se necesita aproveitar ao máximo as instalacións deportivas para que todos poidan gozar dos deportes que practican. Por este motivo o Pavillón A Marisma pasará a contar nos vindeiros meses con dúas cortinas que separarán o espazo da pista polideportiva do escenario, que quedará independente para poder utilizar de área multidisciplinar para practicar varios deportes a un tempo.
Esta cortina ao ser de gran tamaño e pola forma da construción (Columnas e cerchas) dividirase en dúas. Unha parte de menor tamaño con apertura e peche manual e outra motorizada.
Dende o PP aseguran que “coas súas críticas o BNG somentes mostra o seu absoluto descoñecemento das instalacións deportivas de Redondela e das súas posibilidades así como as necesidades de instalacións das diferentes modalidades deportivas. Non fai moito criticaron a compra dun piano e agora as cortinas do pavillón. Demostran que están fora da cultura e do deporte redondelán”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará