O vial carece de zona delimitada para peóns e o muro de contención que separa a estrada da leira contigua, situada nun desnivel, non conta cun valado de protección. A Asociación de veciños lembran que este camiño é empregado por moito tráfico rodado e viandantes, moitos deles nenos e nenas por ser este un dos accesos ao colexio Alexandre Bóveda. Reclaman ao concello que se adopten medidas de cara a mellorar a seguridade vial nunha estrada na que hai tan só uns meses se producía un aparatoso accidente cun vehículo que se precipitaba dende o camiño.
De feito, a raíz de dito sinistro que supuxo que o turismo implicado caera a unha finca por un gran desnivel que se atopa sen ningún tipo de protección deixando feridas a tres persoas, a Asociación de Veciños xa alertara da necesidade de adoptar unha serie de medidas orientadas a mellorar a seguridade no lugar.
Ante a falta de resposta do concello tres meses despois do referido suceso, volven reclamar que se proceda ao necesario arranxo do camiño. Reiteran como problemas principais que o muro de contención da estada careza de valado de protección, que non haxa zonas delimitadas para peóns e que con frecuencia haxa coches aparcados preto da curva que dificultan o pasado do tráfico rodado.