Os dous adestradores do Redondela F.S. serán os encargados da Selección Galega Alevín, un equipo que contará ademais coa presenza do xogador Antón Pérez, todo un veterano neste tipo de convocatorias. De feito proclamárase xa no 2016 campión de España coa Selección Galega Benxamíns e actualmente é o porteiro do equipo Alevín da liga galega.
Varo e Gael son dous adestradores con moita experiencia no futbol sala. Esta tempada xa compaxinaran o seu labor dentro das categorías base do club redondelán coa dirección deportiva da selección de Vigo de Benxamín e na actualidade coa selección galega alevín.
Os tres amosaron o seu entusiasmo ante a oportunidade de representar a Galicia no Campionato de España que se disputará os días 25, 26 e 27 de abril na localidade cántabra de Liencres. Os seus rivais na fase de grupo serán Extremadura, Valencia y Andalucía.