Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior organiza unha ruta en seis etapas polo Camiño de Santiago

RR_Noticias

A Concellería de Turismo do Concello de Soutomaior está a preparar a realización do Camiño de Santiago por etapas que se iniciará o próximo 1 de maio. En total seis percorridos con saída dende Tui e chegada a Santiago no último dos traxectos previstos o 3 de xuño. As inscricións poderanse realizar ata o 24 de abril no Concello e no Pavillón de Deportes, e terá un custo de 10 €.

A proposta divide o camiño nun total de seis etapas, sendo a máis longa de todas elas a de 24,4 kilómetros entre Valga e Milladoiro. Haberá un autobús que se encargará da recollida dos participantes e o seu traslado aos puntos de principio e final de etapa.
O percorrido divídese en 6 etapas, sendo a primeira a que percorrerá o día 1 de maio os 18,7 quilómetros que separan Tui de Porriño.
O resto repártense da seguinte maneira:
    2ª Etapa: 5 de maio – Porriño/Arcade – 21,5 Km
    3ª Etapa: 12 de maio – Arcade/Barro – 23,3 km
    4ª Etapa: 17 de maio – Barro/Valga – 23,3 km
    5ª Etapa: 26 de maio – Valga/Milladoiro – 24.4 km
    6ª Etapa: 3 de xuño – Milladoiro/Santiago – 8 km
A idade mínima para participar é de 15 anos a condición de que vaian acompañados por un adulto responsable.
Hai unhas prazas mínimas para realizar a actividade e as prazas máximas están limitadas por orde de inscrición con preferencia aos empadroados no Concello de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará