Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro feridos nun accidente múltiple nos Valos

RR_Noticias

Un accidente múltiple rexistrado onte en Redondela saldouse con catro persoas feridas, dúas de carácter grave e outras dúas con feridas leves. Segundo informou o centro de emerxencias do 112-Galicia, o suceso produciuse ás 16.30 horas na N-550, na zona dos Valos, nas inmediacións da igrexa de Saxamonde, e no sinistro víronse implicados tres vehículos.

Os feitos producíanse cando por causas que se descoñecen un Chevrolet que circulaba en sentido O Porriño invadía o carril contrario e colidía frontalmente contra outros dous vehículos, un Seat León e un Renault Megane que circulaban cara Redondela.
Debido ao forte impacto foi necesaria a intervención dunha dotación de Bombeiros, que liberaron a unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos implicados. Os dous feridos graves foron trasladados a hospitais de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará