Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma PassArea reúnese coa Xunta a dous días da eliminación da tarxeta verde

RR_Noticias

O colectivo, no que se integran asociacións de Redondela, Moaña e Mos, manterá este venres unha reunión co vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez. Reclaman que dende o goberno galego se retomen as negociacións co concello de Vigo para poñer en marcha o convenio do transporte metropolitano asinado en xullo de 2016 entre ambas administración e Vitrasa. Entenden que esta é a solución para garantir aos veciños non empadroados en Vigo o uso do transporte bonificado.

Previsiblemente o vindeiro domingo día 15 todos os usuarios do Vitrasa que non conten coa nova tarxeta Pass Vigo, tarxeta que substitúe á coñecida como tarxeta verde e que só está a disposición dos empadroados en Vigo, deixarán de contar con billetes bonificados neste medio de transporte e terán que pagar 1,35 euros por un traxecto que ata o de agora lles custaba 0,89.
Os membros do colectivo PassArea manteñen as reunións cos gobernos daqueles concellos cuxos veciños se verán prexudicados pola decisión de Abel Caballero e teñen previsto rematar esa rolda de contactos este venres cos representantes da Xunta. Reuniranse en concreto coa conselleira de infraestruturas e vivenda, Ethel Vázquez e o vicepresidente Alfonso Rueda. O obxectivo é reclamarlles unha vez máis que se retomen as negociacións con Vigo para poñer en marcha o transporte metropolitano. Solicitan tamén ao alcalde vigués que amplíe o prazo e que permita aos titulares da tarxeta verde seguir beneficiándose dos descontos nos billetes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará