Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para acoller o mellor cine en pequeno formato

RR_Noticias

A XIV edición do festival Redondela en curto celebrarase na última semana de abril, entre o xoves 26 e o domingo 29. Un ano máis público e xurado deberá elixir entre as 16 curtametraxes que se proxectarán durante eses días no Multiúsos da Xunqueira. As propostas cinematográficas amplíanse con seccións xa consolidadas como Cine galego, Curtísimas ou Sección Andaina así como as funcións escolares. A inauguración contará cun dos actores de “Fariña” Monti Castiñeiras, a coñecida actriz Mabel Rivera e o tamén actor e titiriteiro redondelán Andrés Giráldez.

A organización non o tivo doado para elixir de entre as case 700 curtametraxes recibidas as 16 que finalmente se poderán ver no festival. “Angel Caído”, “Caronte”, “El casamiento”, El alquiler”, “Matria” premida en Sundance, ou a curta de animación Nouvelle Cuisine son tan só algúns dos títulos que optarán ao premio de público e crítica e que será proxectado no Multiúsos durante os catro días do festival. Unha selección que busca dar cabida aos mellores traballos presentados pero tamén unha variedade temática e de estilo que serva para dar a coñecer o que se está a facer actualmente no mundo do cine. As actividades centralízanse na súa totalidade no Multiúsos, lugar no que se desenvolverán tamén o resto das seccións presentes no Festival: Sección Cine Galego na que se recollen aqueles traballos de orixe galega e que busca promover, promocionar e premiar ao audiovisual galego. A Sección Curtísimas con traballos que duran menos de 4 minutos pero que malia todo son quen de contar unha historia e, finalmente, a sección Andaina na que concorren filmes con temática relacionada coa diversidade funcional. Por outra banda, durante os días 23 ao 27, coincidindo con período lectivo, se realizarán diferentes proxeccións dirixidas a escolares de Redondela, Chapela e Arcade. Os alumnos terán a posibilidade de escoller o seu filme favorito coas súas votacións.  

Miguel Borines Redondela en curto
A inauguración contará con tres coñecidos actores
Propostas variadas
Búscase a calidade pero tamén a variedade
Outras seccións
mantéñense propostas de anos anteriores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará