Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. quere facerse forte na casa

RR_Noticias

Os pupilos de Javier Merino regresan do parón pola festividade de Semana Santa cun encontro na casa ante o Valadares. Os vigueses están por riba na táboa, pero os redondeláns confían nun resultado positivo, xa que se lles están a dar ben os equipos de arriba. xogan mañán sábado ás 16.15 horas no pavillón da Marisma.

Autonómica Sur Redondela-Valadares Os vigueses son 9º, con nove puntos máis que o Redondela. Pero a situación da táboa non é un problema para o equipo local, ao que esta temporada “se lle dan ben” os equipos de arriba. Fran Iglesias, directivo do club, aposta por un resultado positivo e apunta a necesidade de “facerse forte na casa”. Xogarán mañán sábado ás 16.15 horas no pavillón da Marisma. Iglesias amósase satisfeito co cambio de tendencia do equipo, pero sinala que agora “hai que consolidalo con restultados”. Advirte que aínda queda moita liga por diante “e non hai que despistarse”. Están no posto 12º da táboa, a 7 puntos do descenso, pero cunha xornada máis disputada que o Arealonga, que marca a perda de categoría Arealonga Construccións Castro- Lume Corbatas Moi complicada a cita dos de Chapela, que reciben ao líder do grupo. Xogarase o luns, 9 de abril, ás 22.15 horas no pavillón de Chapela.

Fran Iglesias directivo
No club amósanse satisfeitos coa mellora do equipo pero advirten que teñen que consolidar os resultados para non pasar apuros.
Redondela F.S.- Valadares
Os vigueses están por riba na táboa pero aos de Redondela dánselles ben os equipos de arriba.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará