Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Teruel unidos pola música

RR_Noticias

Corenta alumnos da “Escola de Música Antón García Abril”, de Teruel, participan nun intercambio con estudantes do “Conservatorio Víctor Ureña” de Redondela. Unha actividade enmarcada na campaña para a súa integración na Rede de Ecolas asociadas da Unesco, e que supón unha gran experiencia didáctica e musical. Os alumnos de Redondela devolverán a visita a Teruel no mes de maio.

O Multiusos da Xunqueira acolleu onte un concerto conxunto no que participaron seis formacións creadas en ambas institucións, como ensembles de clarinetes, bandas de saxos e a Big Band. En total participaron os 42 alumnos chegados dende Teruel, con idades comprendidas entre os 11 e os 19 anos, que tocaron con 70 alumnos do Conservatorio redondelán. A agrupación de Teruel chegou o pasado mércores á vila, e tiveron ocasión de coñecer a Illa de San Simón e o Museo Meirande, onde descubrion parte da historia do municipio. Onte recibiunos o alcalde, Javier Bas, quen salientou a importancia deste intercambio musical e cultural, de cara a acadar o obxectivo de integrar ao Conservatorio Víctor Ureña na Rede de Escolas asociadas da Unesco. Na recepción particiou tamén Luisa Márquez, cordinadora en Galicia desta rede, quen se amosou “encantada” co traballo do conservatorio redondelán, e anunciou que pronto pertencerá ao grupo de escolas da Unesco, xa que só están pendentes algúns trámites. O director da escola de Teruel, Antonio Civera, amosouse moi satisfeito co intercambio, xa que lles permitiu “coñecer outro territorio e outra cultura diferente” pero co que comparten a paixón pola música. Unha excelente oportunidade “para intercambiar experiencias e emprender novos proxectos”. A directora do Conservatorio redondelán, Elisa Arias, amosouse “moi ilusionada” co proxecto e afondou “no bo momento” que está a vivir este centro de ensino público. Arias manifestou o seu compromiso de seguir traballando “pola música e pola cultura” un patrimonio “sen fronteiras”. O profesor e compositor José Pérez Arias salientou que o mellor deste intercambio é a “pegada” que vai deixar nos alumnos e nos mestres, que seguirán facendo traballos conxuntos “grazas ao carácter universal da música”. Hoxe remata a estancia en Redondela dos alumnos e mestres araganeses, que levan para a súa terra como agasallo un dos símbolos da vila, a Coca, representada nunha peza de Sargadelos que recibiron de mans do alcalde, así como un Pasodobre de Redondela para que poidan tocalo nalgún dos seus concertos. O próximo mes de maio serán uns 60 alumnos do Conservatorio Víctor Ureña os que visiten Teruel.

Javier Bas alcalde
O rexedor salientou a importancia deste intercambio musical e cultural.
Luisa Márquez cordinadora da Unesco
A cordinadora en Galicia da rede de escolas da Unesco avanzou que o Conservatorio de Redondela pronto estará asociada.
Antonio Civera director da Escola de Teruel.
A escola de música de Teruel amosou a súa satisfacción con esta experiencia.
Elisa Arias directora do Conservatorio
No conservatorio Víctor Ureña están moi ilusionados co proxecto.
José Pérez Arias mestre e compositor
O intercambio servirá para seguir traballando en proxectos conxuntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará