Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre o lobo ibérico na Casa da Cultura

RR_Noticias

“Lobo ibérico, anxo ou demo?…”é o título da mesa redonda organizada pola  Asociación de  Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela. Desde un enfoque multidisciplinar repasaranse os hábitos e hábitats do lobo e achegarannos á situación real deste carnívoro que a piques estivo de desaparecer nos anos 70, no ecosistema actual.

Un perigo para controlar ou unha especie para protexer?, como conxugar os intereses naturais e gandeiros?, que papel corresponde ás administracións? Un debate que arroxará unha visión global sobre o asunto e que está aberto a toda persoa que queira achegarse. A actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura mañá venres ás 20:30 horas, está coordinada polo veterinario Iñaki de Miguel Bárcena coa participación de tamén veterinario e naturista, Francisco Lema. Colaboran as Bibliotecas Municipais de Redondela.  

Iñaki de Miguel veterinario
Coordina a actividade do venres na casa da cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará