Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o obradoiro de emprego de pintura decorativa e deseño no que se formaron 15 mozos

RR_Noticias

A Xunta clausura o obradoiro Redemprega no que se formaron 15 mozos menores de 30 anos. O Goberno galego destinou a este taller, dividido nas especialidades de pintura decorativa en construción e deseño de produtos gráficos, máis de 140.000 euros. Durante a súa formación realizaron diversas actuacións como a mellora das instalacións da biblioteca de Chapela.

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Javier Bas destacaron o alto índice de inserción laboral destes cursos formativos
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela para comprobar de primeira man os avances dos 15 mozos e mozas que veñen de rematar a súa formación no obradoiro “Redemprega”, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Acompañado polo alcalde, Javier Bas, a tenente de alcalde, María del Carmen Amoedo, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o representante autonómico felicitou aos alumnos e alumnas e destacou o alto índice de inserción laboral destes cursos formativos, superando todas as expectativas previstas. Agradeceu tamén a aposta e a implicación das empresas, sen as que non sería posible que tiveran unha nova oportunidade laboral.
A Administración galega destinou a este taller, dividido en dúas especialidades, 140.188 euros. Durante os últimos 6 meses, 8 alumnos e alumnas formáronse en pintura decorativa en construción, e outros 7 en deseño de produtos gráficos. O “Redemprega” é un dos seis obradoiros específicos para menores de 30 anos concedidos este ano a través do Sistema de Garantía Xuvenil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará