Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto conxunto de alumnos de música de Redondela e de Teruel

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle hoxe, ás 20.00 horas, un concerto titulado “Musicando de Teruel a Redondela” cos alumnos da Escola Pública de Música “Antonio García Abril” de Teruel, que participan nun intercambio cultural co Conservatorio “Víctor Ureña” de Redondela.

A actuación contará cun total de seis formacións creadas en ambas institucións, como grupos de clarinetes, bandas de saxos e a Xingro,s Big Band. En total participarán os 42 alumnos chegados dende Teruel e os 70 procedentes do conservatorio de Redondela, máis dun centenar de músicos que ofrecerán tamén actuacións conxuntas. A entrada é gratuíta ata completar o aforamento. A directora do conservatorio Elisa Arias, valora moi positivamente este tipo de actividade “que permitirá tamén que os alumnos de Redondela visiten Teruel no vindeiro mes de maio, coñezan a música e o folclore doutra localidade e participen dun intercambio que os enriquecerá a todos os niveis”.  

Elisa Arias directora Conservatorio
Unha actividade pedagóxica e un intercambio cultural
Angela Antón Concelleira
Anima aos veciños a achegarse ao concerto de hoxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará