Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera di que non hai subvencións para as Comunidade de Montes dende a Deputación

RR_Noticias

Logo de que o BNG acusara ao goberno local de non tramitar as subvencións que a Deputación concede ás Comunidades de Montes para a creación de parques forestais, o alcalde de Soutoamior, Agustín Reguera corrixe ao voceiro do Bloque “non se pode perder algo que non se pode pedir” asegurando que ditas subvencións están dirixidas a entidades locais e non a ditas comunidades. Engade ademais que a axuda é de moi baixo importe e non asegura o financiamento durante os próximos anos polo que decidiron non solicitalas.

O alcalde Soutomaior, Agustín Reguera, saíu ao paso das declaracións vertidas polo representante nacionalista Manuel Lourenzo nas que afirmaba que os comuneiros do municipio poderían perder as axudas para parques forestais, asegurando que “esa liña de axudas está dirixida a Concellos, e non a comunidades de montes. Non se pode perder algo que non se pode pedir”.
A subvención, tal e como explicou o alcalde, está destinada a entidades locais para mellorar os montes mediante a creación de parques forestais asumindo a cesión dunha superficie mínima de 30 hectáreas por parte das comunidades de montes. O edil asegurou que, aínda que se contemplou esa posibilidade inicialmente, “desestimouse solicitar esa axuda polo seu baixo importe, non son 50.000 euros de subvención, son 900 euros por hectárea cun mínimo de 30 hectáreas. En total serían 27.000 euros, supondo que se actuase en toda a superficie, o que é imposible. Ao final actúas en 10 e danche 9.000 euros para manter as 30 hectáreas”.
Este baixo importe, unido ás condicións da convocatoria, “que non garanten o financiamento en anos vindeiros”, fan que o Concello non poida asumir toda esa superficie e garantir que estará nas condicións adecuadas “sería unha irresponsabilidade facerse cargo de toda esa superficie para non tela ben coidada”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará