Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición apoia a folga do Día da Muller e critica a postura en contra do PP

RR_Noticias

O Pleno Redondela apoiou a moción presentada polo PSOE en defensa das mobilizacións previstas neste mes de marzo e, máis particularmente, a folga convocada para este 8 de marzo. Todos os grupos da oposición apoiaron sen fisuras esta proposta, que unicamente contou co non do PP. Unha decisión que o PSOE considera inxustificable, tendo en contra entre outras cuestións que en Redondela “o número de desempregadas dobra ao dos homes en paro”. Dato que tamén apunta o BNG mentres dende AER poñen o acento nas declaracións da concelleira da Muller que cualifican de “incribles” por xustificar a negativa do seu grupo de sumarse a folga ao entender que “as desigualdades non se resolven na rúa”

Os socialistas destacan o gran apoio que se observa nas rúas e nas institucións ao sumarse á folga numerosas asociacións, sindicatos, concellos e deputacións. Por este motivo consideran que a postura do PP “é inxustificable e insolidaria, máis cando o número de desempregadas dobra aos homes no municipio”. Así mesmo engaden que as mulleres son “as que máis están a sufrir a reforma laboral do PP con contratos menos estables e con soldos precarios”.
Doutra banda, critican a “pouca importancia” que outorga o goberno local ao Consello Municipal dá Muller e ao Día dá Muller, xa que espera ata última hora para levar as propostas para a conmemoración desta data tan importante.
Dende o BNG salientan que “grazas ao acordo dos grupos da oposición, a veciñanza redondelá si apoia tanto as manifestacións como a Folga de Mulleres do 8 de Marzo”. A situación na que se atopan moitas das nosas veciñas, dista de seren idílica, segundo a organización nacionalista, posto que os índices de paro son maiores entre as mulleres. Achegan como dato que 1.183 mulleres están inscritas nas oficinas de emprego de Redondela, fronte a 749 homes, cun índice do 61%, “dos máis altos da nosa bisbarra”.
Segundo o BNG coa súa postura en contra das mobilizacións “o Partido Popular de Redondela, con Javier Bas ao fronte, aposta pola volta das mulleres a un  papel secundario na nosa sociedade, cando debe ser todo o contrario”.
Críticas a Teresa París
Pola súa banda, dende AER amósanse moi belixerantes coa concelleira da Muller, Tesesa París, polas declaracións realizadas na Radio Municipal nas que argumentaba a postura do PP e da súa propia concellería en contra da folga de mañá por entender que “as desigualdades non se resolven saído a rúa”. Unhas declaracións que para a Agrupación de Electores son unha “clara mostra da intransixencia persoal que a Concelleira traslada á súa labor na Concellería de Igualdade”. Engaden que “sendo respectable que persoas ou colectivos que por iniciativa persoal non queiran secundar os paros ou a folga, o que non ten senso é que a Concelleira se posicione frontalmente contra as iniciativas programadas por diferentes colectivos de mulleres e unicamente poña en valor os actos institucionais promovidos pola súa concellería.
Sorprende aínda máis a AER que “a edil avale os paros que ela mesma promociona fronte aos paros que outros colectivos, algúns mesmo de Redondela, propoñen”.
Por estes motivos,entende que o alcalde Javier Bas debera proceder de xeito inmediato a cambiar a edil de Igualdade por unha persoa máis acaída a este posto e sobre todo, por unha persoa respectuosa coa pluralidade de iniciativas sociais en torno a visualización das desigualdades das mulleres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará