Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ópera chega por primeira vez a Redondela con La Traviata de Verdi

RR_Noticias

A compañía Camerata Lírica representará a obra de Giuseppe Verdi este sábado 10 de marzo ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas pódense retirar xa no propio multiúsos a un prezo de 7 euros público en xeral, 5 euros entrada reducida (xubilados, desempregados e estudantes).

Formada por cantantes e músicos escollidos de distintas comunidades, todos os integrantes de Camerata Lírica son profesores superiores nas súa especialidade e teñen compartido escenario, estudado ou traballado con grandes estrelas da ópera como Alfredo Kraus, Plácido Domingo ou Helena Obratszova, entre outros.
Camerata Lírica de España chega a Redondela cunha das óperas máis representadas de Giuseppe Verdi, La Traviata, algunhas de cuxas melodías teñen traspasado o ámbito operístico para converterse en parte da banda sonora da humanidade.
Estreada no teatro La Fenice de Venecia en 1853 con libreto de Francesco Maria Piave, baseado na novela de La dama de las camelias, de Alexandre Dumas. O libretista e o compositor Verdi quixeron seguir a Dumas dándolle á ópera unha ambientación contemporánea. Isto supuxo unha auténtica revolución, xa que foi a primeira vez que se representaba unha ópera con ambientación e traxes da propia época, cousa que non foi ben recibida por moitos críticos, quen non concibían unha gran ópera sen efectistas decorados históricos nin espectaculares caracterizacións dos personaxes.
A gran popularidade desta obra motivou á compañía á hora de realizar unha adaptación que poida programarse para todo tipo de público nas diferentes Redes e Circuítos escénicos do noso país, seguindo o seu labor de achegar a ópera e a lírica tamén a poboacións que non teñen grandes posibilidades de acceso a este xénero.
O resultado é unha completa adaptación escenificada en case toda a súa extensión con acompañamento de piano, áxil, moi amena e comprensible que mantén as formas máis ortodoxas da ópera, tanto musicais, como escénicas (attrezzo e vestidos de época), realizado e executado por cantantes de nivel internacional, que entusiasmará ao público neófito e non defraudará ao afeccionado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará