Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de montes de Soutomaior a piques de perder as subvencións para parques forestais

RR_Noticias

O BNG acusa ao goberno da localidade de non tramitar as axudas que a Deputación de Pontevedra concede ás comunidades de montes para a creación de parques forestais. Unha axudas que poden ascender ata os 50.000 euros e cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 20 de marzo.

No pasado mes de xullo, o pleno de Soutomaior aprobou unha moción do BNG para que se convocase as comunidades de montes a unha xuntanza informativa sobre as axudas que a Deputación de Pontevedra concede a estas entidades. Unhas axudas que poden achegar ata 50.000 euros por comunidade para construír parques forestais en Soutomaior.
Malia que no propio mes de agosto tivo lugar unha xuntanza entre corporación e comuneiros, tal e como se demandaba na moción do BNG, e de que Agustín Reguera se comprometera diante dos asistentes a  convocar unha nova xuntanza para tramitar esas
axudas cando saíse a seguinte convocatoria “a piques de rematar o prazo para que as comunidades de montes opten a estas subvencións, o PP de Soutomaior non cumpriu unha vez máis cos acordos e non convocou as comunidades”.
Nesta convocatoria poden acceder as subvencións comunidades de tan só 30 hectáreas (na anterior o requisito eran 50 ha). Pero a pesar de que o prazo para pedir as axudas remata o vindeiro 20 de marzo e de que, segundo se establece nas bases da convocatoria é o concello o que ten que ten que tramitar a petición de axudas, a día de hoxe, o goberno local de Soutomaior nin sequera convocou á xuntanza informativa á que se comprometera cos comuneiros. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará