Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle un Campionato de Judo Benxamín que contará con dúas xornadas para escolares

RR_Noticias

Uns 500 deportistas participarán o sábado no pavillón da Marisma nunha proba de judo peretencente á segunda fase do programa XogaJudo. Para dar a coñecer esta disciplina entre os rapaces do municipio, a organización celebra tamén dúas xornadas de portas abertas para escolares. Máis de 200 alumnos redondeláns participarán nas actividades.

O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, agradece a confianza da Federación de Judo e a Xunta de Galicia ao elexir Redondela para este evento, e confía en que sirva para dar a coñecer este deporte entre os rapaces e así incrementar o número de persoas que o practican. O presidente da Federación, Mario Muzas, explicou que a xornada do sábado dividirase en dúas quendas, xa que son máis de 500 os judokas participantes. Falou dos obxectivos deste tipo de eventos, que pasan pola “educación e a formación”, ao tempo que lles achega aos deportistas “unha importante experiencia”. Xornadas escolares Os organizadores do campionato celebran de xeito paralelo unhas xornadas “de aproximación” ao judo para os rapaces de Redondela, onde este deporte é aínda “minoritario”. Foron convidados todos os centros de ensino do Concello, e a resposta foi “moi positiva”, segundo explicou Daniel Benavides, responsable provincial de Deportes da Xunta. Mañá xoves participarán cen alumnos dos colexios Santa Mariña, Porto Cabeiro e Quintela. O día 15 serán os de Outeiro das Penas, San Paio de Abaixo, Igrexa, Alexandre Bóveda, Laredo, Cedeira e Colexio Vigo, cun total duns 125 escolares de 2º e 3º de Primaria. Para o alcalde redondelán, Javier Bas, esta será unha boa maneira de dar a coñecer este deporte no municipio, e favorecer así que se incremente a práctica do judo, que ata o de agora é un deporte minoritario en Redondela. Para impulsar esta práctica, o Concello estuda tamén facer unha reforma no pavillón da Marisma para facelo “máis cómodo” para esta disciplina. A reforma centraríase no escenario situado detrás dunha das porterías cos instalación dunha cortina para facer unha separación dos espazos. A obra podería estar rematada ao comezo do próximo curso, en setembro.

Julio Mougán concelleiro de Deportes
O evento servirá para dar a coñecer a práctica do Judo en Redondela.
Mario Muzas presidente da Federación
Muzas explica os obxectivos do campionato que pasan pola educación e a formación.
Daniel Benavides xefe provincial de Deportes
Benavides salientou a importancia da formación no deporte e a participación dos colexios nas xornadas de portas abertas.
Javier Bas alcalde
O rexedor salientou a importancia de dar a coñecer este deporte minoritario entre os rapaces de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará