Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas convoca o I Encontro de mulleres e concentracións co gallo da folga do 8 de Marzo

RR_Noticias

A Asemblea Feminista Paxaretas convoca na xornada de hoxe ás mulleres a participar nos diferentes actos que organizan co gallo da folga a nivel nacional. Así, facendo coincidir cos horarios dos paros haberá concentración tanto as 12:00 horas como as 19:00 na Praza da Constitución. Celebran ademais o I Encontro de Mulleres en horario de 13:30 a 15:00 e de 16:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura. Os sindicatos do Concello animan aos traballadores municipais a sumarse a esta mobilización.

Nas concentracións que se celebran na Praza da Constitución realizaranse lecturas de textos feministas. Esta actividade está aberta a todos e todas os que queiran achegarse,
polo que se convida aos cidadáns de Redondela a que traian os seus propios textos e se animen a compartilos.
Por outra banda, celebran na Casa da Cultura o I Encontro de Mulleres da Asemblea Feminista Paxaretas en horario de 13.30 a 15 horas e de 16 a 19 horas. O obxectivo é gozar dunha actividade de convivencia e compartir a xornada de folga coas mulleres interesadas, compartir experiencias e falar sobre as nosas necesidades e expectativas, entre outros. Explican dende Paxaretas que “entendendo que a folga de coidados non é posible realizala en todos os casos, convidamos a todas as mulleres que así o desexen a traer ás súas crianzas a este encontro. Tamén a traer comida e bebida”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará