Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mago Joel presenta o seu espectáculo de maxia no Multiúsos

RR_Noticias

O popular mago cubano, gañador de Got Talent, actuará o domingo 4 ás 20:00 horas. Unha actuación enmarcada dentro da programación cultural do Concello de Redondela. Joel, que leva practicando a súa maxia máis de 25 anos, comezou sendo un neno, para gañarse a vida e decicidiu que ese sería o seu oficio. Hoxe con 35 anos e gran recoñecemento xa tanto no seu país natal, Cuba como en España, fai o que mellor sabe con gran mestría.

O espectáculo está a percorrer diferentes cidades da man da compañía Moitamerda producións e chega a Redondela este domingo día 4 de marzo a partir das 20:00 horas. As entradas pódense adquirir en woutick.es ou de xeito presencial no Café dá Vila anticipadamente por 10 euros. Na billeteira no propio día do espectáculo a entrada terá un prezo de 13 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará