Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas recupera o “Marzo Muller”

RR_Noticias

A Asemblea Feminista Paxaretas recolle o legado de Xanela ofrecendo no mes de marzo diversas actividades dedicadas á muller e abertas a todo o público. A primeira na tarde deste xoves ás 20:30 horas na Casa da Cultura, unha mesa redonda baixo o título “Historia do feminismo en Redondela”. Está prevista tamén unha sesión de cine forum, un contacontos infantil sobre a muller traballadora e dúas concentración o vindeiro día 8 para visibilizar e mobilizarse no día da Muller.

A primeira das actividades enmarcadas dentro do Marzo-Muller será esta mesma tarde. Contará coa presenza dalgunhas das integrantes do xa desaparecido colectivo Xanela, unha asociación de mulleres moi activa na vila nos anos 90. As súas voces servirán para contar como se vivía o feminismo naquela altura e analizar a evolución nos últimos anos. Unha actividade aberta que persegue establecer un diálogo co público asistente. O 4 de marzo, o colectivo feminista de Redondela participará na manifestación unitaria convocada en Vigo e o día 8, con motivo da folga, realizará dúas concentracións na vila nas que se leran diversos textos relacionados coa muller traballadora. Unha sesión de cine fórum e unha actividade infantil pecharán a programación desta primeira edición do “Marzo Muller” da Asemblea Feminista Paxaretas  

8 de Marzo
Actividades tamén para o Día da Muller
Carol Sertal Paxaretas
Recuperan o Marzo Muller

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará