Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha escultura homenaxeará en Fornelos aos brigadistas falecidos no 2010

RR_Noticias

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra entregará ao concello de Fornelos de Montes unha escultura de 4,2 toneladas que representará a un brigadista en posición de traballo. Unha figura de máis de dous metros que quere ser unha homenaxe a todas as persoas que traballan na extinción dos lumes e, en particular, aos dous brigadistas que perderon a vida no ano 2010 cando traballaban no apagamento dun lume neste municipio.

A Deputación de Pontevedra e o concello de Fornelos veñen de asinar un convenio que se concretará na colocación nunha praza deste municipio dunha escultura en pedra de gran tamaño realizada pola escola de Cantería de Pontevedra. Con esta imaxe rédese homenaxe a Julio Martínez Silva e Rodrigo Amo, quen perderan a vida no ano 2010 cando traballaban na extinción dun lume na parroquia de Oitavén en Fornelos. A escultura colocarase, segundo explicou o alcalde Emiliano Lage, nunha praza que agora se coñece como parque do multiúsos e que se converterá na Praza dos Brigadistas.  

Carmela Silva Deputación Pontevedra
A presidenta da Deputación fala do convenio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará