Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vintena de traíñas participarán no Memorial Paco Fenosa organizado polo C.R. Chapela

RR_Noticias

As augas de Arealonga acollerán este domingo un dos clásicos de pretemporada das Rías Baixas, o XIII Memorial Paco Fenosa, co que o club rende homenaxa a un dos seus fundadores. Participarán a maioría dos clubs do sur de Galicia, e Chapela bate marcas con catro traíñas.

O presidente do club, Julio Prado, salienta que a cita xa é un referente do remo na provincia, e confía en que aínda se inscriban máis clubs antes do venres. Ás 12.00 horas do domingo, 4 de marzo, está previsto o comezo da regata diante do paseo de Cardona. Na categoría absoluta masculina estarán Amegrove, Mera, Muros, Puebla, Rianxo, Vila de Cangas, Vilaxoán, Virxe da Guía e Chapela cunha embarcación, e Cabo de Cruz e Samertolaméu con dúas. Puebla e Virxe da Guía tamén competirán con candansúa traíña mixta. Na categoría de veteranos estarán os barcos de Rianxo e Chapela. Os anfitrións tamén inscribiron unha traiñeira na categoría absoluta feminina e outra en promoción. Os clubs galegos están inmersos agora na liga de bateis, da que xa se disputaron tres regatas, con bos resultados para o club de Chapela. No club confían en clasificar varias embarcacións para o campionato galego, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, e para o campionato estatal, que será unha semana máis tarde. O club conta cunha ampla canteira, e están a participar na temporada de bateis cun número significativo de barcos. Prado asegura que “o relevo xeracional está asegurado” no remo redondelán, un deporte “duro” pero que “engancha” a aqueles que o practican. Proba diso é que o club conta con remeiros desde os 8 anos de idade ata pasados os 40, cun excelente nivel na categoría de veteranos.

Julio Prado presidente do club
No memorial participarán a maioría dos clubs do sur de Galicia.
Temporada de bateis
O club confía en clasificar varios barcos para os Campionatos de Galicia e España.
Boa canteira
O club conta cunha ampla canteira que garante o relevo xeracional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará