Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo PXOM de Redondela duplicará a disponibilidade de solo urbano

RR_Noticias

Un Plan Xeral de ordenación municipal que non será unha realidade ata o ano 2020. Así o explicou Sebastià Jornet i Forner, da UTE Jornet Llop Pastor encargada da elaboración do PXOM, na presentación do borrador que agora inicia un longo procedemento que debería concluír coa súa aprobación definitiva no prazo de dous anos. Un documento de contención de crecemento que estima un incremento en torno ao 50% do solo urbano “ao recoñecérense como urbanas zonas que xa o son de feito pero que ata o de agora se valoraban como rurais”. Un documento que aposta “pola integración dos corredores ecolóxicos e o recoñecemento patrimonial do territorio”.

O Concello de Redondela presentaba hoxe o borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un documento que inicia agora un longo procedemento co seu traslado a Xunta para que lle dea luz verde e a apertura posterior, previsiblemente en Semana Santa, do proceso de información e divulgación que permitirán aos veciños coñecer os seus detalles así como presentar as suxestións que estimen oportunas. Procederase a continuación a súa aprobación provisional e finalmente a súa aprobación definitiva que non chegará antes do 2020. Un longo proceso para un documento que debería dotar ao noso municipio do seu primeiro PXOM nun concello cuxo urbanismo actualmente está rexido por unha Normas Subsidiarias do ano 1988 “obsoletas e cheas de erros”. Un documento de gran transcendencia para Redondela, en palabras da Concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo, quen insistía en que se trata dun “documento vivo que inicia agora o seu camiño co traslado a Xunta que deberá dar o visto bo para seguir co procedemento”. O novo PXOM deixa planificado o urbanismo en Redondela de cara aos vindeiros anos “recoñecendo as singularidades de cada unha das parroquias e seguindo un modelo de contención de crecemento”. Así o explicaba dende o equipo redactor Sebastiá Jornet quen insistía na idea de se trata dun documento que busca “recoñecer as singularidades de cada unha das parroquias, optimizando a realidade existente que permite dar cobertura suficiente ás necesidades futuras”. Neste sentido engadía que se busca “optimizar o que hai, mellorando a realidade e corrixindo aqueles déficits en equipamentos, zonas verdes e sistemas viarios, apostando pola mobilidade saudable, a pé e en bicicleta”. A arquitecta María Ríos Carballeira salientaba como un dos puntos fortes do PXOM a aposta pola integración dos corredores ecolóxicos e o recoñecemento patrimonial do territorio.  

Sebastià Jornet i Forner UTE
Un PXOM de recoñecemento da realidade
Incremento solo urbano
Nun 50%
Aprobación definitiva no 2020
Dous anos de trámites
María Ríos arquitecta
Salientaba a aposta polos corredores ecolóxicos
Carmen Amoedo PP
Un documento de gran transcendencia aberto a participación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará