Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chelo Rielo, unha vida co pincel na man

RR_Noticias

Esta veciña de Redondela comezou a pintar de cría e dende aquela non volveu soltar o pincel. Autodidacta e apaixonada pola pintura, amosa a súa obra no Multiúsos da Xunqueira ata final de mes. 37 cadros nos que fai un percorrido pola súa traxectoria, aínda que con maior presenza de obras realizadas nos últimos anos.

“Sentimentos” é a imaxe elixida por Chelo Rielo para dar título a unha mostra que se pode visitar ata finais de mes no Multiúsos da Xunqueira e na que esta veciña de Redondela reúne un total de 37 pinturas, a maior parte delas pertencentes a súa última época aínda que tamén algún cadro pintado hai xa vinte anos. Afeccionada á pintura dende nena leva feito numerosas exposición na Casa da Torre, no Café da Vila ou no propio Multiúsos, lugar no que repite nesta ocasión. O seu estilo é difícil de definir segundo ela confesa “eu considérome impresionista pero hai quen me define como naif”. Recoñece que a figura humana é o que máis abunda nos seus cadro, aínda que non adoita decantarse polo retrato. Iso si, quen se achegue estes días ao Multiúsos de seguro que se sorprende ao atoparse con algunhas imaxes de veciños da vila. Con todo, o seu preferido é o que ilustra o cartel da exposición.  

Chelo Rielo pintora
Fálanos da súa exposición
Sentimentos
É o título do cadro empregado para facer o cartel e un dos que máis lle gustan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará