Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso oficial de monitor de tempo libre en Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior convoca un curso oficial de monitor de tempo libre de 350 horas de duración, das cales 200 horas son de contido teórico, e as 150 restantes de carácter práctico. O prazo de inscrición permanecerá aberto na Oficinal Municipal de Información Xuvenil de Arcade ata o vindeiro 23 de febreiro. O prezo da matrícula é de 130 euros empadroados, 212 euros o resto dos participantes.

Durante o curso o alumnado aprenderá os contidos desta actividade na que se inclúen saídas, visitas, actividades culturais e practicas durante a formación. O curso consta de 200 h teórico prácticas e 150 h prácticas nunha entidade ou campamento xuvenil. Poderanse realizar prácticas nas actividades municipais ademais de empresas ou entidades privadas.
Orientado a maiores de 18 anos está previsto que as clases se desenvolvan os sábados de 09:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 20:30 horas e os Domingos de 09:00 a 14:00. Comezará o 3 de marzo e remate o 20 de Maio.
O prezo da matrícula é de 130€ empadroados e 212€ os non empadroados. O pago poderá fraccionarse: 50% pagaríase no momento da inscrición e 50% antes do 14 de abril de 2018.
As persoas interesadas deben inscribirse antes do 23 de febreiro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no multiúsos de Arcade. Máis información no Tel. 986700822
As prazas son limitadas.              
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará