Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela solicitan unha reunión con Abel Caballero para abordar o tema do Vitrasa

RR_Noticias

A Asociación de veciños de Chapela trasladou xa unha petición por escrito ao concello de Vigo na que solicitan reunirse co alcalde vigués para abordar o problema do Vitrasa e a eliminación das bonificacións aos usuarios que non estean empadroados na cidade. O colectivo quere coñecer a postura de Caballero no caso de que a Xunta aceptase asumir o custe que supón bonificar aos usuarios deste transporte de Chapela e outras parroquias do concello. Unha cantidade económica que estiman non debería chegar aos 300.000 euros.

Ante a situación de bloqueo no que se atopan as negociacións de cara a resolver o problema dos usuarios de Vitrasa do noso concello que, previsiblemente, a partir do 31 de marzo xa non gozarán de bonificación no uso deste transporte, a Asociación de veciños trasladaba onte por escrito unha petición de reunión co alcalde vigués. Abel Caballero mantén a súa negativa a financiar as bonificacións daqueles veciños non empadroados en Vigo e reclama ao seu homólogo en Redondela, Javier Bas, que asine un convenio para que sexa o noso concello quen asuma este custe. Con todo, dende o goberno local aseguran que esa non é unha opción “ante a existencia de informes xurídicos que determinan a ilegalidade de financiar dende o concello subvencións ao transporte”. Para desbloquear esta situación propoñen dende a Asociación de veciños que a Xunta se involucre no problema e que sexa o goberno autonómico quen asuma ese pago. Con todo, queren coñecer previamente a postura de Vigo e se Caballero estaría disposto a negociar esa opción.  

Marcial Pérez AVV
Propón que a negociación pase porque a Xunta asuma o custe das bonificacións e que logo sexa un xulgado quen determine a quen corresponde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará