Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro detidos, entre eles un menor, polo roubo dunha campá de 50 kilos da igrexa de Santiago

RR_Noticias

Os detidos accederon a través dunha xanela a un local anexo á igrexa da rúa do Adro onde estaba a campá que fora desmontada para a súa reparación. Os detidos son vellos coñecidos da Policía Nacional, entre eles un pai e o seu fillo de 16 anos.

A investigación iniciouse a mediados da pasada semana, cando unha persoa se presentou en Comisaría para denunciar que entraran nun anexo da igrexa situada na rúa do Adro e roubaran unha campá de bronce maciza que estaba pendente de reparar. Segundo as pescudas policiais, os ladróns accederon ao lugar a través dunha xanela lateral e unha vez dentro sacaron a campá de máis de 50 kg para cargala nun vehículo que estacionaron paralelo ao muro.
Días antes fora visto un vehículo Audi con varios ocupantes polas inmediacións o que fixo que os axentes se centrasen neste punto. O investigación rematou coa detención este mércores de dous homes de vinte anos de idade, un menor de 16 anos e ao seu pai de 36, por un suposto delito de roubo con forza.
Os detidos, que contan con antecedentes policiais anteriores, pasaron a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de garda, e foron realizadas as dilixencias relativas ao menor á Fiscalía de Menores de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará