Hoxe é Mércores 20 de Xaneiro de 2021

AER critica o “desinterese” do goberno local na mellora do proceso de elección do Persoeiro do ano

RR_Noticias

A Agrupación de Electores anuncia que non participará na elección e designación da persoa á que se lle outorgará esta distinción municipal. Critican que malia terse solicitado a súa colaboración para mellorar o proceso de selección, o goberno non teña recollido ningunha das seis achegas feitas dende AER que buscaban “un regulamento máis participativo” e que estas homenaxes contaran cun apoio social máis amplo.

Explican deste esta formación que no 2017 e a petición da propia Concellería de Cultura achegaron diferentes propostas que  buscaban modificar o regulamento de elección do persoeiro do ano e facelo máis participativo.
Entre as súas achegas formularon a necesidade de que o recoñecemento non fora exclusivamente a unha persoa concreta e que se puideran propor colectividades ou entidades relevantes, promover a participación nese proceso dos consellos municipais existentes así como de todo tipo de entidades, asociacións e institucións.
Tamén aconsellaban que previo ao inicio do proceso de elección o Concello difundise as diferentes propostas de xeito obxectivo, documentado e equitativo e que se estableceran as oportunas canles para que a participación veciñal fora maior no proceso de votacións.
Aseguran que ningunha desta propostas foi recollida polo Concello que convocou recentemente a elección do persoeiro do ano 2018 sen ter en conta as achegas dos grupos da corporación, motivo polo que anunciar que non participarán neste proceso.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *