Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas de convivencia deportiva cos xogadores do Choco e dos grupos escolares

RR_Noticias

O Choco organiza un encontro trimestral para que os 41 rapaces rapaces dos grupos escolares de fútbol que funcionan en Redondela e Reboreda adestren con equipos do club federados. Unha actividade que quere ser un complemente á formación destes grupos escolares de nenos e nenas de 4 a 10 anos que dende hai catro anos forman parte do Choco.

“Temos dous grupos e unha vez cada tres meses van a adestrar cos equipos. En función da idade entran no equipo que lle correspondería e fan a sesión como un máis. Tamén poden acudir os pais que, habitualmente, non están nas sesións de cada semana”, explica o coordinador da actividade Juan Amoedo, que adestra os cativos durante o ano xunto a Ricar -xogador do primeiro equipo- e Brais -do filial-.
Estas xornadas trimestrais son moi positivas para os participantes nas escolas deportivas porque poden comprobar os seus avances con xogadores da súa idade e tamén rachan a rutina dos equipos xa feitos, que durante un día teñen compañeiros novos. Estes días de interacción axudan a moitos pequenos e tamén ós seus pais a dar o paso de entrar nun equipo federado para a seguinte tempada.
Dúas escolas
O Choco ten este curso dous grupos escolares. Un en Reboreda con 22 nenos e outro en Redondela con 19. Ós principio de tempada, os monitores acoden ós centros educativos e ofrecen a opción do fútbol como unha actividade extra escolar aberta ós alumnos. A única condición é querer participar e, deste xeito, entrase no grupo que adestra nas instalacións da escola. Despois, unha vez ó trimestre, realízase o encontro con outros nenos no campo de Santa Mariña. Son grupos de introdución ó deporte, para iniciación, aínda que algún cativo repite de anos anteriores polo que tamén é de perfeccionamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará