Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos acolle un concerto de música contemporánea co músico Roberto Oliveira

RR_Noticias

A actuación terá lugar o domingo 4 ás 20:00 horas e está enmarcada dentro da programación cultural do Concello de Redondela. As entradas están xa a venda a un prezo de 7 euros entrada xeral, 4 euros reducida (estudantes, xubilados e desempregados). Un concerto no que se mesturan elementos electrónico e imaxes que ocnforman un formato de “performance musical”.

É a proposta que achega ao Multiúsos o percusionista especializado en música contemporánea, Roberto Oliveira. Nacido en Salceda de Caselas en 1979, centra o seu labor no comisionado e interpretación de obras, especificamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado.  Como músico, realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais en salas de concerto e festivais de ámbito internacional.
Roberto Oliveira está considerado un dos artistas máis creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo, de nova xeración, nacido en Galicia e enraizado xa en toda Europa.
As entradas estarán a disposición do público ao prezo de 7 euros e 5 euros (reducida para pensionistas e persoas en desemprego).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará