Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela F.S. e Arealonga, derbi no pozo

RR_Noticias

Os dous equipos locais se atopan nunha complicada situación na táboa Autonómica Sur. Pechan a clasificación con tan só 7 puntos e precisan sumar para ter opcións de remontar na segunda volta. No club de Chapela advirten que aínda que “moita liga” e confían en reaccionar a tempo.

A temporada non está a ser positiva para os equipos redondeláns da Liga Galega Sur de fútbol sala. Redondela e Arealonga están empatados como pechacancelas da táboa, e nesta difñicil situación enfróntanse nun derbi que se disputa este sábado. O Arealonga chega á cita logo de sumar dúas vitorias consecutivas, a última o pasado sábado con goleada sobre Os Valos. Un bo xeito de comeazar o ano, como apunta Iváz Vázquez, presidente do club, quen advirte que aínda queda moita liga para “cambiar a dinámica e saír do pozo”. O comezo de liga foi moi complicado para o conxunto de Chapela, que incorporaba moitos xogadores novos “que non deron o rendemento esperado”. O club viuse obrigado a facer novas fichaxes e reforzarse, o que agora está comenzado a dar resultados. Pero revertir a situación non será doado, cando só suman 7 puntos en 14 xornadas, polo que un triunfo no derbi en Redondela “é fundamental”. Recoñece que os dous equipos están “moi necesitados” e que o gañador poderá comezar o ano con novos folgos, mentres que o derrotado se afundirá aínda máis. O empate non é unha opción, advierte que “non deixaría satisfeito a ninguén”. Da mesma opinión é Fran Iglesias, directivo do Redondela F.S., que cualifica de “importantísimo” o derbi do sábado. Para os anfitrións trátase dun partido “clave” para comezar o cambio de rumbo neste 2018. Será o primeiro encontro para os de Javier Merino, logo de que tivera que suspenderse o sábado o partido co Cereixa F.S. en Gondomar. O partido será no pavillón da Marisma ás 16.15 horas.

Iván Vázquez Arealonga F.S.
A situación do equipo de Chapela mellorou nas últimas xornadas e advirten que hai tempo para cambiar a mala racha.
Reforzos no vestiario
A chegada de novos xogadores esta temporada non deu os resultados esperados e tiveron que facer cambios.
Redondela F.S.-Arealonga
O derbi é crucial para os dous equipos e a ningún deles lle serve o empate.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará