Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera as visitas guiadas nas fins de semana

RR_Noticias

Tivo algo que ver Eifel na construción do viaduto? Ata onde chegaba o mar en Redondela? Quen está soterrado no cemiterio dos Eidos?  Como estaba dividida territorialmente a vila de Redondela no pasado?… pois a esas e outras moitas preguntas responderá Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia, nas visitas guiadas que nas fins de semana organiza a concellería de turismo completamente de balde. Seis percorridos diferentes nos que se afondará na historia, arquitectura e riqueza natural do noso concello. Inscrición no 667 401 909.

Logo do éxito das visitas celebradas durante o verán e que permitiron a turistas e veciños coñecer un pouco máis a fondo os atractivos tantos históricos como culturais e arquitectónicos, naturais, industriais e comerciais da vila, esta fin de semana retómase esta iniciativa aínda que con algunhas novidades. Ante a dificultade de englobar nun único itinerario todos eses valores, a persoa encargada de coordinar a actividade, Soledad Chayán decidiu establecer seis percorridos diferentes que abarca toda a historia da vila. Ademais dunha visita xeral polo casco, un percorrido nocturno, un achegamento á Redondela medieval e a Redondela moderna haberá tamén un percorrido que se desprazará ata a Portela e que permitirá coñecer os cambios das infraestruturas portuarias así como a biodiversidade da zona. E complétase esta oferta cunha visita centrada exclusivamente no cemiterio dos Eidos no que se falará da orixe, arquitecturas e símbolos que alí se atopan. Cada fin de semana faranse percorridos alternativos en horarios diferentes, para poder chegar a máis público, con saída en todos os casos dende a oficina de turismo 15 minutos antes do comezo da saída. Uns percorridos de balde pero nos que cómpre inscrición previa xa que os grupos contarán cun máximo de 25 persoas. Toda a información pódese atopar no facebook Redondela, mellor con guía, onde Chayán irá subindo información puntual de cada unha das propostas. Con todo, para este mes de xaneiro xa se prevías as seguintes saídas: XANEIRO  DATA  HORA  VISITA  SÁBADO 13   19:30  XERAL POLA VILA  SÁBADO 13  21:00  NOCTURNA  SÁBADO 20   19:30  REDONDELA MEDIEVAL  DOMINGO 21   11:30  REDONDELA MODERNA  SÁBADO 27   19:30  CEMITERIO DOS EIDOS  DOMINGO 28   11:30  PORTELA     

Soledad Chayán guía de turismo
Un percorrido para coñecer Redondela
Cemiterio do Eidos
Poñer en valor o patrimonio
Roteiro a Portela
Coñecer a biodiversidade da zona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará