Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG tilda de “oportunista” a Javier Bas por presentar a biografía de Ernestina Otero

RR_Noticias

Para o edil nacionalista, Xoán Carlos González, a presenza do alcalde de Redondela na presentación da biografía da pedagoga redondelá “obedece ao interese por adquirir un protagonismo que non lle corresponde”.

Considera que desde o goberno local “en ningún momento tiveron interese en promocionar ningún traballo, ou estudio que puxera en valor a figura desta mestra de mestras”. O concelleiro do Bloque lembra que hai varios anos diversos colectivos propuxeron a Ernestina Otero persoeira do ano, e daquela o goberno municipal rexeitou a proposta “sen ningún tipo de explicación ou consideración”. Segundo González o goberno de Bas “agrava” o seu tratao discriminatorio con Ernestina Otero, xa que se limitaron a comprar “un número determinado de exemplares e facilitar a súa distribución”. Destaca a importancia e o valor da presentación da biografía da mestra redondelá “Semente de igualdade, semente de liberdade”. Lembra que Otero foi represaliada polo réxime franquista, “por defender o dereito universal á educación” e sinala que noutros concellos, como Pontevedra ou Vigo, xa se teñen levado a cabo recoñecementos á súa figura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará