Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Consellería de Medio Ambiente colaborará no financiamento do PXOM de Redondela

RR_Noticias

Desde hai 30 anos Redondela regula o seu urbanismo a través dunhas normas subsidiarias. O goberno de Javier Bas pretende dotar ao Concello do seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal “o antes posible”.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, mantiveron onte unha reunión de traballo para analizar a situación urbanística do municipio e, concretamente, os pasos dados co obxectivo de dotalo dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Neste sentido, Beatriz Mato Otero comprometeuse co rexedor a colaborar financeiramente na redacción do devandito plan. Tal e como se recolle nas ordes que regulan as axudas a entidades locais para formulación de plans urbanísticos, a achega económica da Xunta podería chegar ata o 80% do custo total do PXOM, ao tratarse Redondela dun concello de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Nestes momentos, o Concello de Redondela réxese por unhas normas subsidiarias aprobadas no ano 1987 polo que a intención do goberno local é dotar ao municipio o antes posible do seu primeiro plan xeral urbanístico, que sería un planeamento adaptado xa á Lei 2/2016 do Solo de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará