Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER demanda a convocatoria urxente da comisión de seguimento da AP-9

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela solicitou que a comisión se reúna esta semana, con carácter de urxencia, para tratar a apertura do terceiro carril á altura do colexio Igrexa de Chapela. O grupo municipal de AER entende que a xuntanza debe celebrarse antes de que se retomen as clases no centro, o próximo luns día 8.

AER xa solicitou por rexistro que o alcalde, Javier Bas, que preside a Comisión de Seguimento das obras da AP-9 no Concello de Redondela, convoque esta comisión “asistan ou non os representantes de Fomento e Audasa”. A Agrupación de Electores tamén solicita que para ese mesmo día o presidente da comisión organice unha visita ás instalacións educativas por parte dos membros da comisión xunto con técnicos que poidan explicar “a situación de seguridade, ruído e vibracións nas aulas, así como o plan de evacuación no caso do impacto dun vehículo pesado no muro da autoestrada”. AER denuncia que o Ministerio de Fomento “non atendeu á demanda feita por todos os grupos e colectivos de Redondela en relación á apertura do terceiro carril da AP-9 á altura do CEIP Igrexa”. Esa demanda foi feita de xeito unánime na comisión de seguimento celebrada o 17 de febreiro de 2017, e solicitaba “manter pechado ese tramo ata que o traslado ao novo centro fose efectivo”. Advirten da “preocupación e indignación dos veciños”, ao tratarse do único colexio de toda España “dentro dunha autoestrada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará