Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pais do CEIP Igrexa non enviarán aos nenos ao centro se non se pecha o terceiro carril da AP9

RR_Noticias

A inauguración da ampliación da autoestrada supuxo tamén a apertura ao tráfico do terceiro carril en Chapela, incluído o tramo que discorre ao lado do CEIP Igrexa. Os pais e nais de dos alumnos din vivir “un pesadelo”, e temen pola seguridade dos nenos de 3 a 12 anos que estudan neste centro, o colexio máis próximo a unha autoestrada de toda España.

Mónica Montes, a secretaria da ANPA do colexio, cualifica de “indignante” a apertura ao tráfico deste carril, e asegura que os pais están a vivir “un auténtico pesadelo”. O Ceip Igrexa está agora “pegado” á autoestrada, sendo “o único centro de ensino de toda España” que se atopa nunha situación semellante. Os representantes dos pais e nais de alumnos denuncian a falta de información por parte do Ministerio de Fomento e de Audasa, que en plenas vacacións de Nadal procederon a inaugurar as obras. Montes entende que outras administracións, como o Ministerio de Educación e a Consellería de Ensino tamén deberían tomar medidas, xa que son os responsables da seguridade dos alumnos. Malia o compromiso do goberno local de que o carril próximo ao colexio non se abriría ao tráfico mentres non se traslase aos nenos ao novo colexio, a realidade é que desde o pasado sábado os coches e camións circulan por este vial. A directiva da Anpa recoñece que tiña “dúbidas” de que o compromiso se cumprira, como agora se confirmou. As vacacións escolares impídenlle á Anpa convocar aos pais a unha xuntanza para abordar este asunto, e será a próxima semana conda celebren unha reunión informativa. O próximo luns, día 8, retómase a actividade no centro. Polo de agora, a primeira medida da Anpa será recomendar ás familias “que non envíen aos nenos ao colexio mentres non se peche ao tráfico o terceiro carril”, unha decisión que xa acordaran anteriormente. Entende que a presenza dun muro que separa a AP-9 do colexio “non garante a seguridade” dos rapaces, opinión que comparte tamén o goberno local e os colecivos sociais da parroquia. O ministerio de Fomento e Audasa comprometéronse a construir un novo colexio na coñecida como “finca da Ginaria”, pero polo de agora as familias descoñecen a situación do proxecto. Segundo a Asociación de veciños aínda non existe un plan de urbanización, non hai data para o comezo das obras nin tampouco para a súa finalización. Desde a Anpa confían en que o novo centro sexa unha realiadade para o curso 2018-2019, malia que aínda non se colocou a primeira pedra.

Mónica Montes secretaria da ANPA
Os pais están indignados coa apertura do terceiro carril.
Inseguridade
O muro non é sinónimo de seguridade
Único en España
É o centro de toda España máis próximo a unha autoestrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará