Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pladever descolga unha pancarta xigante en Eiras para reclamar unha xestión eficiente da auga

RR_Noticias

Un cento de activistas de PLADEVER, a Plataforma en Defensa do río Verdugo, descolgaron esta fin de semana unha pancarta xigante nas paredes do encoro de Eiras co lema “Benvida Xestión da Auga 2018-Salvemos o Verdugo”. O seu obxectivo é reivindicar un xeito alternativo e máis racional para o uso doméstico da auga procedente dos “ríos vivos”.

Os concentrados festexaron de xeito informal con cánticos a chegada do ano 2018 e defenderon a búsqueda de novas alternativas ao trasvasamento do río Verdugo como xeito de conservar a biodiversidade que presenta este conxunto hídrico do que forma parte tamén o río Oitavén. Nunha asemblea informativa improvisada, o voceiro de PLADEVER Fernando Malvar, valorou positivamente o feito de que Augas de Galicia non baralle xa como “urxente” o trasvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras, proxecto que é cualificado pola plataforma como “un auténtico atentado para o medio ambiente e os ríos vivos galegos”. Con todo, advirte que van estar “alerta” e seguirán mobilizando á sociedade civil fronte as pretensións do Concello de Vigo para que as obras do trasvase se realicen. Neste 2018 teñen previsto extendere a dúa campaña de concienciación cidadá a Vigo, coa intención e dar a coñecer “a realidade deste problema”. Rexeitan as críticas do alcalde Abel Caballero, que os acusa de “negarlle a auga”, e insisten na necesidade de atopar “fórmulas de uso máis eficiente e axeitado onde podan convivir de xeito harmónico as necesidades humanas co normal desenrolo do ecosistema”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará