Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 300 redondeláns participaron nos programas “Conectadas” e “Depo en marcha”

RR_Noticias

Máis de 300 veciños e veciñas de Redondela participaron no pasado ano 2017 nas oito accións formativas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha dentro dos programas «Conectadas 2017», promovido polo servizo de Igualdade da Institución provincial e as seis accións que se desenvolveron ao abeiro do programa «Depo en marcha», da área de Cohesión Social e Xuventude, que xestiona a deputada redondelá Digna Rivas.

«Conectadas 2017» é unha iniciativa que ten como obxectivo mellorar a formación básica das mulleres para favorecer as súas relacións interpersoais e o intercambio de experiencias . Dentro deste programa, un total de oito asociacións redondelás desenvolveron obradoiros e iniciativas formativas. Así, a Asociación veciños de Chapela, impartía un curso de Ximnasia de Mantemento; a Asociación de veciños Trasmañó, un curso de Pilates; a Asociación de mulleres Arela, de Saxamonde, elixía unha actividade de Conservación de alimentos, conservas artesanais. Pola súa banda, a Asociación Mulleres de Chapela «Agarimo» impartía un curso de Cociña e alimentación saudable; o Centro Social Cultural e Recreativo de Cedeira, realizaba unha actividade titulada Socializándose coas redes; a Asociación «Sementeira» de Redondela, optaba pola realización dun curso de Pintura; mentres que a Asociación Cultural Pandereteiras As Choqueiras de Redondela, daba un curso de Percusión e canto tradicional. Por último, a Asociación Española contra el Cáncer de Redondela, optaba pola realización dun curso de Traballos en tea, coiro, madeira e outros materiais. Para o desenvolvemento destas accións formativas, de 35 horas lectivas cada unha, a Deputación destinou un orzamento de 324.000 € na provincia.Por outra banda «Depo en marcha» fomenta o envellecemento activo a través de actividades en diversas temáticas e a Deputación de Pontevedra destinou, para a súa realización, un orzamento de 120.000 euros. Con «Depo en Marcha 2017», a institución provincial buscaba mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, fomentando o establecemento de relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico. Neste programa, foron un total de seis os colectivos que desenvolveron obradoiros en Redondela. Así o Centro Social e Cultural de Cedeira realizaba un curso de Cociña tradicional galega; o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, un de Bailes de salón; AA.VV e deportiva Cultural Miñoteira impartía un curso de Tapas e Petiscos; mentres que a Asociación cultural e Deportiva Cidadelle e a AA.VV de Chapela, daban outro curso de Plantas Medicinais. Por último, a Unión Democrática de Pensionistas y Jubilados de Redondela, elixía as novas tecnoloxías para dar un curso de Iniciación á Informática.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará