Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caloi volve á súa casa

RR_Noticias

O C.D. Choco pechou nas últimas horas un reforzo de gran nivel para o que queda de tempada. O redondelán Carlos Rodríguez Portela “Caloi” optou por quedar na casa tras a súa etapa en Finlandia e realizará a segunda parte da tempada ás ordes de Marcos Montes no equipo da súa vila natal.

O mediocentro Caloi decidiu non volver a Finlandia e ficha de novo polo Choco para facer a segunda parte da liga. Deste xeito, o xogador regresa á formación na que estivo en varias etapas anteriores tan só seis meses despois da súa saída. Tras finalizar o pasado curso coa elástica choqueira, o futbolista incorporouse ao Honka para acadar o ascenso á máxima categoría do fútbol finés. Agora, uns meses despois, opta por rematar a campaña co Choco. Deste xeito, a entidade de Redondela recupera a un futbolista de notable calidade e toda unha referencia na Terceira División. O pasado curso, no que tamén se incorporou en decembro ao equipo, tivo un destacado papel no apartado defensivo. Xunto a Comis pode formar unha das parellas de maior talento na construcción de fútbol da categoría. Xogador de toque e calidade, é ideal para o tipo de fútbol que practica a formación redondelá dirixida por Marcos Montes.No capítulo de baixas, Alberto Castiñeira deixou o equipo hai varias semanas. Pola súa banda, Antón Escobar está en proceso de recuperación dunha lesión de xeonllo e é dúbida para o encontro do vindeiro domingo no campo de Santa Mariña ante o Cultural Areas (17:00).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará