Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama melloras na seguridade viaria na estrada que cruza Reboreda

RR_Noticias

O elevado número de vehículos que a diario circulan por este vial, xunto á concentración de diversos equipamentos e vivendas, levou a que dende Redondela se demandara da Xunta un “Plan para a Mellora de Seguridade Viaria” na estrada PO-250, que une o centro de Redondela con Amoedo en Pazos de Borbén. Pasos de péons elevados e construción de redutores de velocidade son as intervencións que consideran máis urxentes.

Xustifican esta iniciativa por considerar que se trata dun vial, titularidade da administración galega, que serve para unir dous concellos e que está a quedar obsoleto. “Consideramos que a veciñanza de Reboreda debe ter garantida a seguridade viaria ante a alta intensidade de tráfico, moitos deles camións de grande tonelaxe, que a diario se move por esta estrada”.
Sinalan dende o BNG que en pouco máis de quilómetro e medio atópase un supermercado, a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, acceso ao Colexio Público, mesmo a farmacia, e numerosas interseccións cos viais de diferentes barrios da parroquia. “En Reboreda, esta estrada practicamente confórmana tres rectas, polo que en numerosas ocasións supéranse os límites de velocidade”.
A construción de redutores de velocidade, xunto a pasos de peóns elevados, serían as intervencións máis urxentes, segundo os nacionalistas. “Demandamos nos orzamentos da Xunta unha dotación económica para a mellora da Seguridade Viaria na PO 250 en Reboreda co obxectivo de que se garanta que os peóns poden transitar con tranquilidade”, anuncian.
No paquete de emendas para Redondela, dende o BNG prantexaron igualmente ao goberno de Feijoo, a dotación dun terceiro xulgado, e a construción da Escola Infantil en Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará