Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local apúntase ao Black Friday ante a necesidade de competir coas grandes superficies

RR_Noticias

Medio cento de comercios de Redondela vivirán na xornada de hoxe e mañá uns días de grandes descontos apuntándose así á moda do Black Friday. Faino empurrado polas grandes superficies e para tentar que o cliente quede no Concello á hora de facer as súas compras, en moitos casos pensando xa no Nadal. Coco & Collet é un dos comercios que se suma a esta campaña con descontos de ata un 30% en produtos de tempada porque segundo confesa a súa propietaria Belén Abelleira “non é unha opción para o pequeno comercio quedarse fóra”.

Logo dunha campaña especialmente pobre a consecuencia do tempo que non animou ao cliente a facerse con roupa de abrigo, as tendas vivirán hoxe e mañá unha xornada de descontos, sumándose así á moda do Black Friday. Os descontos son variados e dependen de cada comerciante, no caso de Coco& Colet hai rebaixas dun 50% nos produtos de tempadas anteriores e descontos de entre un 20 e un 30% na roupa de tempada. Unha campaña na que participan máis de 50 comercios e que organiza e coordina a Asociación de Empresarios, encargada de adornar con globos estes locais para visibilizar que o pequeno comercio da vila “é quen de adáptase ás demandas e esixencias do consumidor ofrecendo unha experiencias de compra próxima e confortable”.  

Belén Abelleira Coco&Colet
Súmanse a esta campaña de ofertas resignados pola presión das grandes superficies
Interesantes descontos
No caso de Coco&Colet os descontos varías entre o produtos de tempada e o que non o é

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará