Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Flores para lembrar ás vítimas da violencia de xénero

RR_Noticias

Dúas macetas con flores artesanais, cada unha delas identificada cun nome, serven para lembrar as 44 mulleres que no que vai de ano foron asasinadas polas súas parellas ou ex -parellas. Un drama o da Violencia de xénero que se lembra cada 25 de novembro con maior intensidade e que na mañá de hoxe contou coa presenza do alumnado do Instituto Mendiño que lle puxeron voz a esta denuncia coa lectura de diferentes textos.

Os soportais do concello de Redondela acollían ás doce do mediodía o acto institucional no día Contra a violencia de xénero. A chuvia e os paraugas estiveron presentes entre o público que asistía a un acto no que a concellería de igualdade, Teresa París, quixo lembrar de xeito especial á Mª Jose´Mateo “Sesé”, veciña de Chapela que no pasado mes de febreiro era asasinada pola súa ex parella. O seu é un dos nomes que se suma a unha dramática listaxe na que se contabilizan 44 mulleres asasinadas no que vai de ano e que día a día lembran no CIM (Centro de Información ás mulleres) cunhas simbólicas macetas nas que se ven flores artesanais ás que lle asigna o nome desa mulleres que “xa non están con nós porque alguén inxustamente decidiu que así fora”. Protagonismo tamén para os máis novos, rapaces e rapazas do IES Mendiño que fixeron a lectura de diferentes texto nos que se reflexionaba sobre esta cuestión. Pola tarde as actividades continúan cunha charla sobre prevención da violencia de xénero  a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e estrea da curtametraxe “Miña” de Michael Cassidy ás 18:30 horas no local da Asociación Cultural de Cesantes.  

Teresa París Igualdade
Lembra a Sesé
Mercedes Carrreira Avogada CIM
Chamamento a non esquecer que detrás das vítimas hai nomes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará