Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Imparables na SAR

RR_Noticias

O equipo feminino da SAR fíxose esta fin de semana cunha nova vitoria que lle permite manterse nos postos altos da clasificación na división de honra prata. Partido atrasado o que disputaron as redondelás e que as levou ao campo do Lanzarote Zonzamas. Un choque que rematou cun 24-29 a favor da SAR Rodavigo. Non lle van igual de ben as cousas aos xogadores do Plastic Omniun que perdían 25-29 ante o Lavadores e que seguen en postos de descenso. Tamén na Primeira nacional milita o Chapela que lograba a vitoria na súa visita ao campo do Porriño.

O Lanzarote Zonzamas e o SAR Rodavigo aproveitaron o parón da competición, para recuperar o partido aprazado pertencente á sexta xornada. O choque entre canarias e galegas comezou ben para as locais, que se mostraban sólidas en defensa e en ataque nos primeiros compases, aproveitando para abrir unha lixeira vantaxe no marcador. Tras uns instantes de igualdade en xogo e en ocasións, a defensa local foi perdendo forza e comezaron a chegar os goles visitantes concluíndo a primeira parte co marcador de 13 a 17.
Arrincou con forza o equipo de Redondela que sumaba dous goles máis no seu marcador ao comezar a segunda parte, contrarrestándoo o Zonzamas cun gran parcial de 5 a 1 que volvía metelas no partido. Con todo, o Rodavigo foi superior e lograba un definitivo 24-29 e facerse cos puntos en xogo. Na vindeira semana xogan en Redondela, reciben a un dos equipos febles da categoría, o Asmubal Meaño.
O Chapela, logo do descanso desta fin de semana, xogan o sábado ante o equipo de La Cistérniga.
Primeira nacional masculina

Vitoria do Rodosa Chapela na súa visita oa campo do Porriño, nun encontro no que os de Redondela sufriron máis do esperados para lograr a vitoria. Con todo o partido rematou cun 21-26, resultado que permite ao Rodosa manterse nos postos altos da clasificación. Son quintos e na vindeira xornada reciben ao Lalín situados na terceira praza.
Peor lle foron as cousas a Sar plastic Omnium que sufrían unha nova derrota nesta ocasión ante o Lavadores Vilatrade. Os de Redondela non llo puxeron doado pero non foron quen de facerse coa vitoria e perderon por 25 a 29. A SAR sitúase nunha situación complicada con tan só 5 puntos e na vindeira xornada desprázanse ao campo do OAR Coruña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará