Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnos do IES Mendiño protonagonistas do acto institucional contra a Violencia de Xénero

RR_Noticias

Dende a Concellería de Igualdade organizan este acto que terá lugar ás 12:00 horas ás portas do Concello e no que o alumnado deste centro educativo será o encargado da lectura do manifesto, Pola tarde as actividades continúan cunha charla sobre prevención da violencia de xénero  a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e estrea da curtametraxe “Miña” de Michael Cassidy ás 18:30 horas no local da Asociación Cultural de Cesantes.

Dentro dos actos previstos polo Concello de Redondela para a conmemoración do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, 25 de novembro, terá lugar esta charla, na que se vai a tocar a temática da prevención deste tipo de violencia desde o asociacionismo. O título da mesma é Prevención da violencia de xénero desde o ámbito veciñal, e con ela preténdese que todo o tecido asociativo involúcrese na erradicación desta grave enfermidade social.
Esta campaña xa se presentou oficialmente o pasado mes de xuño no auditorio do multiusos de Chapela, tamén coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, acompañada nesa ocasión por profesionais de distintos colexios oficiais de administración de leiras e auditores socio-laborais de Galicia.
Ademais, dentro do acto previsto para este venres, inclúese a curtametraxe “Miña”, que se estrea con ocasión deste acto, un traballo do director vigués Michael Cassidy, que tamén comparte nesta ocasión pantalla coa actriz Elba Pedrosa e o actor Antón Cancelas.
Actos en Fornelos
O Concello de Fornelos quere tamén conmemorar esta data e faino coa lectura dun manifesto ás 11:45 ás portas da Casa Consistorial e a colocación dun cartel en repulsa contra a violencia cara as mulleres. Tamén nesta localidade o Multiúsos acolle un taller de redes sociais aplicadas á busca de emprego incluído no proxecto Inserta II.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará