Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas reclaman rebaixas do 50% na taxa para o uso das pistas de padel

RR_Noticias

O PSdeG-Redondela ven de presentar alegacións á ordenanza que taxa a utilización de instalacións deportivas e que foi aprobada en pleno co voto a favor de PP e AER. Unhas taxas que oscilan entre os 8 e os 10 euros, cantidade que ao entender dos socialistas son excesivas ao situar “ao concello de Redondela como o máis caro da contorna para practicar deporte”. A súa proposta pasa por rebaixar o prezo a 3€ sen luz, 5€ con luz.

A proposta aprobada no pleno do pasado mes de setembro cos votos en contra de PSOE, BNG o concelleiro non adscrito, establece que os usuarios das pistas de padel deberán pagar unhas taxas de 8 euros (10 euros con luz) polo uso destas instalacións.
O Grupo Socialista decidiu presentar alegacións no período que abre a aprobación provisional. Entre as propostas socialistas atópase a diferenciación de taxa para os empadroados dos non empadroados e unha rebaixa nas taxas ás instalacións deportivas para favorecer a práctica de deporte e acceso a este. En concreto os socialistas propoñen que a taxa para estas pistas de padel pase a ser a 3€ sen luz e 5€ con luz, “unha redución substancial que equipararía o prezo ao que cobran outros concellos como o veciño de Soutomaior onte estas cantidades chegan para cubrir o mantemento e cambio do céspede anual das pistas”.
Neste sentido aseguran dende o PSOE que “coas taxas que establecía o PP en Redondela era máis caro xogar ao pádel por conta propia que pagar clases con monitor en Soutomaior. Ademais, presentan una exención para as entidades deportivas de persoas con diversidade funcional e o abono do 50% para os menores de idade”.
Dende o PSdeG-Redondela critican o cambio de nomenclatura xa que o PP pasou a denominar a Piscina Municipal de Redondela como Anexo I Centro Deportivo de Redondela, abrindo unha porta á privatización desta instalacións e outras moi próximas. No referente a isto último, os socialistas reclaman o nome da piscina que leva posto dende hai anos mediante unha placa na entrada da piscina, pasando a ser como xa consta de José Bernardo Núñez Estévez “Colón”, unha persoa nada en Redondela que destacou no deporte da natación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará