Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A orquestra de Saxos presenta o disco “Redondela” no que homenaxea a Reveriano Soutullo

RR_Noticias

A formación do Conservatorio Profesional de Música de Redondela realizou un importante labor de investigación e adaptación para gravar este traballo que se presentará o venres, ás 20:00 horas, no Multiusos da Xunqueira cun concerto ofrecido pola formación, baixo a batuta de Elisa Arias, a súa promotora e directora. O CD pódese adquirir a un prezo de 10 euros no propio Conservatorio.

“O disco tiña que levar o nome de Redondela, en agradecemento ao apoio que sempre recibimos desta vila” así o manifestaba a directora da orquestra, Elisa Arias, quen amosaba a súa satisfacción por un traballo máis que digno feito por unha orquestra non profesional na que participan 52 músicos na actualidade. O secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo participaba na presentación deste traballo e salientaba a homenaxe que neste disco lle renden ao mestre Reveriano Soutullo, que tan unido estaba ao noso municipio. Un disco que “reúne pezas que son parte da nosa memoria musical colectiva”. Trátase de oito cancións, arranxadas polo músico, director e compositor José Pérez Arias. Zarzuelas, pasodobres e un fado atópanse entre as pezas que compoñen Redondela, un traballo que, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, “vai asociar, xa para sempre, a música desta orquestra de saxos coa do mestre Reveriano Soutullo”. A tenente de alcalde, Carmen Amoedo animaba aos veciños a asistir ao concerto de mañá no que poderán escoitar “un CD que respira Redondela por todas as esquinas” da man dunha Orquestra de Saxos que leva en activo xa máis de 20 anos.  

Anxo Lorenzo Cultura
Un disco homenaxe a Reveriano Soutullo
Labor pedagóxica
O director xeral salienta o importante traballo que se realiza no conservatorio
Elisa Arias directora da Orquestra
Un traballo moi digno
Carmen Amoedo Tenente de alcalde
Anima aos veciños a achegarse ao concerto presentación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará