Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine, charlas e música na semana contra a Violencia de xénero

RR_Noticias

Coincidindo coa celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de Novembro, dende o Concello organizan un programa de actividades que se van desenvolver ao longo de todo o mes con charlas, actos institucionais, cine e música. Uns actos cos que se quere lembrar a todas as vítimas da violencia machista e visibilizar a dramáticas situación das mulleres maltratadas. De feito, neste ano quérese homenaxear a Mª José Mateo “Sesé” a veciña de Chapela que foi asasinada pola súa ex parella o pasado mes de febreiro.

Un programa que arrancaba o pasado día 1 cunha exposición que ata finais de mes pode  visitarse no Multiúsos e que leva por nome “Un camiño por diante para a erradicación da violencia e a discriminación” e que inclúe proxeccións cinematográficas en Cedeira coa película de George Cuckor “luz que agoniza” hoxe luns día 20 e o mércores 22 na Asociación cultural A Miñoteira con La vida secreta de las abejas. Por outra banda, o martes na Sociedade Cultura do Viso terá lugar unha charla ás 17:30 horas a cargo das profesionais do Centro de Información ás Mulleres e o día 24 terá lugar o acto institucional na praza do concello ás doce do mediodía. Pola tarde no Centro Cultural de Cesantes proxectarase a curtametraxe “miña” e os actos pecharanse o sábado 25 cun concerto a cargo do alumnado do Conservatorio de Redondela ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.  

Teresa París Igualdade
Uns actos nos que estará moi presente Sesé
Actos institucional do venres
Pola tarde haberá tamén actividades en Cesantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará