Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos F.S. busca revalidar o título de liga

RR_Noticias

Actualmente ocupan a sexta praza da táboa, pero en Pazos de Borbén aspiran ao máis alto. O presidente, Manuel Ferreira, asegura que son o club “máis rico en ilusión”, e non temen aos rivais de grandes munipios que os superan en orzamento. Esta fin de semana reciben ao Rececende, situado na metade da táboa.

Revalidar o título de campión da Terceira División Nacional non será doado, pero Ferreira asegura que “darán a batalla”, con Fran Amoedo como adestrador. A pasada xornada empataron na pista do Talleres ABC IES Coruxo, conseguiron remontar un marcador adverso de 3-0 no descanso, o que demostra que este equipo “nunca se dá por rendido”. É consciente de que o campionato está agora difícil, co Sala Ourense como líder a 6 puntos de distancia. Os da cidade das Burgas, xunto co Estradense, o Culleredo e o Talleres ABC, son para Ferreira os candidatos con máis opcións de levarse a liga. Por iso non poden despistarse. Esta temporada ten ademais o aliciente de contar cun derbi comarcal, co ascenso do Campito de Chapela á Terceira División. Para Ferreira é un síntoma do bo estado de forma do fútbol sala na bisbarra, e salienta “a boa relación” que une aos dous clubs. Precisamete do Campito procede o seu actual adestrador, e tamén é habitual que exista trasvase de xogdores entre os dous equipos. Pazos – RececendeA próxima cita do Pazos F.S. será o sábado, cando reciben ao Rececende, 9º clasificado. Malia a superioridade na clasificación, que coloca ao Pazos F.S. como claro favorito, o presidente non se fía, advirte que neste deporte “calquera erro che pode costar moi caro”. Confía nos seus xogadores, e tamén no apoio da afección para facerse cos puntos en xogo.

Manuel Ferreira presidente Pazos F.S.
O obxectivo do club é volver gañar o título de liga.
Derbi comarcal
Ferreira destaca a boa relación co Campito que este ano conseguiu o ascenso á Terceira División.
Pazos F.S.-Rececende
Ferreira non se fía da mala situación do rival na táboa clasificatoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará