Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os ventres de alugueiro, a debate na Casa da Cultura

RR_Noticias

Un acto organizado polo BNG o venres ás 20:00 horas e no que se falará desta práctica, tamén chamada “xestación subrogada” que o entender da organización nacionalista busca a utilización das mulleres con menos recursos para seren empregadas como incubadoras e xestar bebés para parellas con mais capacidade adquisitiva, que por diversos motivos, non poden ou non queren pasar por un embarazo, pero si queren ter descendencia biolóxica. Participarán da charla coloquio Jessica Garcia, Responsábel Comarcal de Galiza Nova e Ana Bringas, Coordinadora do Grupo de Traballo de Acción Feminista do BNG.

 
Unha práctica que ao entender dos nacionalistas está baseada na mercantilización dos corpos das mulleres. O desexo da descendencia biolóxica, en ningún caso, se pode levar a cabo a costa de menoscabar os dereitos das mulleres máis vulnerables. Unha práctica na que o entender da organización nacionalista, tanto as mulleres como as crianzas, son tratadas como mera mercadoría, mesmo na chamada “xestación subrogada altruísta” agóchanse intereses lucrativos de clínicas de fertilidade e bufetes de avogados que actúan como intermediarios, nun negocio que move millóns de euros en todo o mundo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará