A campaña “Dálle luz á túa factura”, coa que a Xunta busca asesorar aos consumidores sobre como reducir o gasto en electricidade, visitará esta tarde Soutomaior para proporcionar aos veciños consellos útiles cos que aforrar no recibo da luz. A charla informativa terá lugar no Multiusos de Arcade de 18.30 a 19.30 horas.
Elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación, son algúns dos aspectos que aborda esta iniciativa.